Fai o que queiras na rede.
O Navegador Firefox non te vixía.
Comparación do Firefox con outros navegadores
Consigue a máxima velocidade e todas as ferramentas sen ningunha invasión na privacidade. O Navegador Firefox recompila tan poucos datos que incluso non precisamos do enderezo de correo electrónico para facer a descarga. Isto débese a que, a diferenza doutros navegadores, nós non temos ningún interese no teu recorrido pola rede.
![]() |
![]() |
![]() |
||
---|---|---|---|---|
Bloqueo dos testemuños de rastrexo de terceiros por defecto | ![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Bloqueo de reprodución automática | ![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Bloqueo de rastrexadores de redes sociais | ![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Dispoñibilidade para sistemas operativos | ![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Ferramenta de captura de pantalla no navegador | ![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Contrasinal principal | ![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Nós bloqueamos a publicidade que te rastrexa e ti navegas máis rápido.
A publicidade molesta e impide que as páxinas carguen rápido. Ademais, os rastrexadores vixían cada movemento que fas na Internet. O Navegador Firefox bloquea automaticamente a maioría de rastrexadores, sen ter que indagar na configuración de seguridade.

O Firefox é para todos
Dispoñíbel en máis de 90 idiomas e compatíbel con equipos Windows, Mac e Linux, o Firefox funcionará sen ter en conta o que usas ou onde esteas. Asegúrate de que o sistema operativo está actualizado para conseguires a mellor experiencia.

Instala o Firefox en todos os dispositivos
Nunca te esquezas da privacidade. Os Navegadores Firefox para iOS e Android teñen a mesma configuración de privacidade para impedir que os rastrexadores te sigan pola Internet, dá igual onde esteas.

Faino todo co Firefox

Busca de forma máis intelixente e máis rápida
- Buscas dende a barra de enderezos
- Opcións de motores de busca
- Suxestións de busca intelixentes
- Marcadores, historial e lapelas abertas nos resultados

Aumenta a produtividade
- Funciona cos produtos de Google
- Ferramenta de captura de pantalla integrada
- Xestor de marcadores
- Suxestión automática de URL
- Sincronización entre dispositivos
- Modo lectura
- Verificación ortográfica
- Lapelas fixadas

Transmite, comparte e xoga
- Bloquea a reprodución automática de vídeo e de audio
- Imaxe en imaxe
- Contido seleccionado nunha lapela nova
- Compartir ligazóns

Protexe a privacidade
- Bloquea os testemuños de terceiros
- Bloquea os identificadores de impresións dixitais
- Bloquea os criptomineiros
- Modo de navegación privada
- Informe de proteccións individuais

Protexe a información persoal
- Alertas de violacións de datos en sitios web
- Xestor de contrasinais integrado
- Borrar historial
- Cobre automaticamente os formularios
- Actualizacións automáticas

Personaliza o navegador
- Temas
- Modo escuro
- Biblioteca de extensións
- Axustar a configuración da barra de busca
- Cambiar o deseño das novas lapelas
Personalice o Firefox

-
Extensións para todos os intereses
Seguridade, novas ou xogos, hai extensións para todos. Engade todas as que queiras até conseguires o navegador que mellor se che adapte.
-
Cambia a aparencia
Pasa do modo claro ao modo escuro dependendo do estado de ánimo ou das preferencias. Quizais prefiras animarte cun tema personalizado con, por exemplo, unicornios de cores.
-
Axusta a configuración
Non tes por que conformarte. Cambia a páxina das novas lapelas, a barra de busca, os marcadores e moito máis para explorar Internet da forma que queiras.
Apoiado pola fundación sen fins lucrativos que se centra nas persoas

Desafiando o statu quo dende 1998
Mozilla creou o Firefox como unha alternativa máis rápida e privada a outros navegadores como o Internet Explorer e, agora, o Chrome. Na actualidade, a comunidade de voluntarios e empresas que busca cumprir a nosa misión continúa a priorizar a privacidade por enriba de calquera outra cousa.

A privacidade é o primeiro
A pesar de que Internet segue medrando e cambiando, o Firefox continúa a centrarse no dereito á privacidade. Nós chamámoslle Compromiso cos datos persoais: recoller menos datos, mantelos a salvo e sen segredos. O Firefox é o único que protexe os datos, a actividade e a vida en liña.
Continúa a usar as características dos teus navegadores favoritos e descubre outras novas.

Funciona cos produtos de Google
Todas as túas ferramentas favoritas de Google (como Gmail e Docs) funcionan sen ningún problema no Navegador Firefox.

Facebook Container
Descarga esta extensión do navegador para impedir que o Facebook (e o Instagram) te rastrexen mentres navegas.

Sincroniza os dispositivos
O Firefox está dispoñíbel para todos os dispositivos, de xeito que sempre poderás levar contigo as lapelas, o historial e os marcadores. O único que precisas é unha conta Firefox.

Capturas de pantalla
Tira unha imaxe de alta resolución de calquera cousa que atopes en Internet coa ferramenta de integrada no navegador.

Protección mellorada contra o rastrexo
O Firefox impide automaticamente que moitos rastrexadores de terceiros recompilen e vendan a túa actividade na rede.

Imaxe en imaxe
Dende ver un titorial até botarlle un ollada a un partido, o vídeo continúa mentres fas varias tarefas á vez.